Global·NewlyNewsES

Galicia celebra a Begoña Caamaño , voz das heroínas esquecidas polos mitos

ES · · ABC Spain

«Escribo porque leo». O simple pero sincero motivo que levou á xornalista e autora Begoña Caamaño (1964-2014) a compoñer as súas propias liñas, se ben tardías, foi o mesmo que xa a mantiña pegada ás que escribiran outras mans durante toda a súa vida. O cancro de páncreas que padeceu e que rematou por ocasionarlle a morte privounos de coñecer o que podería ter sido unha extensa obra da que Galicia, a mitoloxía e a heroicidade feminina serían bandeira. No seu lugar, a viguesa deixou apenas dúas obras da súa pluma: 'Circe ou o pracer do azul' (2009, Galaxia) e 'Morgana en Esmelle' (2012, Galaxia), que, porén, seguen sendo celebradas nos círculos autorais e de lectores década e media máis... Ver Más